Festa na Aléia

Queremos abrir o noso espazo de Aléia para que todas as persoas interesadas poidan vir coñecernos e ver o lugar que arranxamos para as nosas crianzas. Para iso decidimos organizar unha xornada festiva na que poderemos explicarvos o noso proxecto, falar con calma e deixar que as pequenas poidan coñecerse, xogar, bailar, crear, explorar. Seguramente será unha xornada especial. Para nós, é especial poder compartir as nosas inquedanzas e ilusións con xente afín. Para vós, porque pode ser que vos interese formar parte do proxecto, apoiarnos dalgún xeito ou simplemente compartir este día de festa con nós. Para asistir, por favor reservade praza, xa que temos que facer unha previsión de provisións 🙂 para as persoas asistentes.

Convidámosvos a vir xantar o 13 de marzo á Ponte do Porco (por un módico prezo). Pola tarde, ademais de escoitarnos falar de nós, poderedes asistir a un espectáculo de títeres e a unha viaxe máxica a través da música do handpan. @s nen@s, de todas as idades, son, por suposto, benvid@s. Se callar, ese día inauguramos a primavera… en todos os sentidos.festa2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s