Espazo bebés

Desde o ano 2017, Aléia conta cun espazo para encontro de bebés e nais /pais. Neste espazo, acondicionado segundo a filosofía de Emmi Pikler, ofrecemos un lugar seguro para que as máis pequenas da casa poidan experimentar os seus pequenos ou grandes logros de desenvolvimento motriz: virarse, reptar, gatiñar, coller obxectos, poñerse de pé, agacharse, trepar… á vez que conviven, acompañadas dunha persoa adulta de referencia, con outros iguais. En paralelo, o espazo bebés ofrece ocasión para conversas entre adultas sobre crianza e educación, pretendendo crear unha comunidade de referencia e apoio para a maternidade.

pikler2