Espazo de movimento

Acreditamos que a liberdade de movimento e a experimentación coas posibilildades do propio corpo é crucial para o bo desenvolvimento e a aprendizaxe das máis pequenas. Por iso tentamos reservar, tamén dentro dos interiores, un lugar no que poder brincar, arrandearse, pendurarse, trepar, bailar, correr, facer pinchacarneiros, reptar, etc de maneira libre, autónoma e desinhibida. Como o resto dos espazos da casa, está sempre aberto a ser ocupado, en grupo ou individualmente, segundo as necesidades de cadaquén.

Instalacións