Espazo de xogo simbólico

O xogo é a unha das pezas centrais da filosofía de Aléia. O xogo libre e espontáneo, usando materiais e xoguetes non estruturados é esencial para o bo desenvolvimento de calquera crianza, tanto a nivel cognitivo como emocional. Mediante el, as máis pequenas fan a súa propia imaxe do mundo, simbolizan todo aquilo que non entenden, usan a súa imaxinación para reproducir vivencias que lle producen medo ou ansiedade. Se o xogo é libre e non é dirixido desde fóra, é terapeútico. Cando xogan así, as pequenas experimentan a facerse a elas mesmas, son quen queren ser e como queren ser. E ademais, xogando é como mellor aprenden. É a aprendizaxe natural ou autónoma. Por tanto, en todos os espazos de Aléia está o xogo omnipresente. Pero, neste en concreto, puxemos todos aqueles elementos que permiten reconstruir situacións da vida real: xogar ás casiñas, ás tendas, ás cociñas, a médic@s…

 

Instalacións