O xardín

Cremos que o contato directo coa natureza é fundamental para o desenvolvemento da aprendizaxe activa. Por iso decidimos aproveitar o xardín privado da casa para crear diferentes espazos que permitan satisfacer moitas das necesidades auténticas das crianzas: arrandearse, saltar, gabear, facer equilibrios, cavar, transportar, mesturar terra, area e auga…

Así, no xardín de AléDSC00603ia temos:

  • A casiña da nogueira, coa súa torre, poleia, túnel e escorrega.
  • O terreiro para sachar, xogar coas excavadoras, facer buratos e montañas.
  • A  mesa de auga para facer trasvases, coar, disolver, amasar.
  • O espazo do equilibrio, coa parede de escalada, a corda frouxa, a rede.
  • A horta, que nos permite ser testigos do nacemento e crecemento das plantas.

Ademais, o porche cuberto permite o xogo no exterior para quen non queira mollarse nos días de choiva. E a cancela do xardín comunica directamente coa praia, reserva da biosfera, na que se pode vivenciar o funcionamento das marés, experimentar con grandes cantidades de area e auga, coñecer as aves mariñas e imaxinar cos tesouros que trae o mar de fondo.

DSC00650

Instalacións