Nós

Somos un grupo de familias que queremos responsabilizarnos da educación das nosas fillas. Cremos que son persoas competentes que, nun ambiente preparado, poderán descubrir e desenvolver as habilidades que levan dentro de si. Soñamos moito individualmente ata que nos coñecimos e conseguimos formar un grupo heteroxéneo de persoas con intereses e capacidades diversos. Mais hai algo que nos une: o empeño por dar ás nosas fillas un ambiente seguro no que poidan convivir, xogar, crear, imaxinar e medrar sen violencias. Un espazo relaxado no que os diferentes ritmos, intereses e etapas de desenvolvimento sexan respeitados.  Un espazo no que as crianzas sexan as protagonistas, acompañadas por adultas respeituosas que saiban detectar as súas necesidades para poderen ser satisfeitas, sempre dentro dun marco non-dirixista. Un espazo no que se atende tanto o intelectual coma o físico e o emocional. Quixemos crear un lugar propio porque non nos valía ningunha das posibilidades que tiñamos ao noso redor. Temos como referentes, entre outras, a Emmi Pikler, Rebeca Wild, Jean Piaget e Maria Montessori. DSC00493

Advertisements

One thought on “Nós

Os comentarios están pechados.