Espazo de concentración

Neste espazo dispoñemos dunha serie de materiais estruturados, moitos de inspiración Montessori, que abarcan as seguintes áreas de interese:

20160107_132154

  • Vida prática
  • Lectoescritura
  • Lóxica e matemática
  • Sensorial

Trátase de materiais manipulativos e autocorrectivos que permiten o desenvolvimento de variadas destrezas e habilidades para as que as crianzas precisan concentración e traballo individual. Pretendemos que sexa un material que poida satisfacer as necesidades de cada etapa de desenvolvimento e que satisfaga as curiosidades propias de cada persoa. Tamén tentamos renovalo periodicamente para variar as formas de aproximarse a unha competencia e ensaiala, así como para axustarnos ás necesidades formativas do momento. Mediante o control do erro inherente a cada un dos materiais, garántese unha aprendizaxe autorregulada.

DSC00625

Instalacións